Ir o contido principal

Presentación

O Recuncho Educativo do Foro Nuclear nace coa vocación de axudar ao profesorado, cubrindo as lagoas de recursos educativos existentes no campo da enerxía.

Nel poderá atopar, actualizados, gran cantidade de recursos, noticias, actividades, vídeos, información, enlaces, itinerarios, ideas, suxestións, murais, visitas, xogos, simuladores, e demais;  para tódalas etapas educativas.

A partir de agora, cando unha persoa docente busque información sobre o tema da enerxía, poderá atopar nesta páxina os recursos necesarios para propiciar e promover aprendizaxes significativas no seu alumnado.

A enerxía é un tema complexo pola gran variedade de fontes enerxéticas existentes, ademais da diversidade de conceptos e o abanico tan variado de enfoques que abarca, o que fai necesaria a súa adaptación ás diferentes idades. Por iso, todo, desde a produción de enerxía ata o consumo, pasando polo transporte, os residuos e sen esquecer o aforro, terá cabida neste recuncho.

O obxectivo principal do Recuncho Educativo é que se converta, tamén, en foro de intercambio de experiencias, onde cada un poida aportar a súa propia para enriquecemento de todos. Ao mesmo tempo, ademais, o profesorado poderá solicitar axuda para un determinado tema ou preguntar sobre algún aspecto concreto, coa seguridade de que obterá sempre unha resposta.

Porque a enerxía impórtanos. Apúntache ao Recuncho Educativo!