Ir o contido principal

Accesibilidade

Un dos principais obxectivos do Recuncho Educativo é facer do noso portal web un punto de encontro para a maior cantidade posible de persoas, sen que ninguén poida quedar excluído. Por iso a nosa web está deseñada especificamente para que lles resulte o máis sinxelo posible navegar por ela ás persoas con algún tipo de discapacidade.

Desde o Recuncho Educativo queremos eliminar todo tipo de atrancos e barreiras que impidan o libre acceso á nosa información e aos nosos recursos. Falar de “Accesibilidade Web” é falar dun acceso universal a tódolos contidos da web, independentemente das capacidades das persoas usuarias e mesmo do tipo de dispositivo de acceso.

Está web está deseñada e programada seguindo os estándares marcados polo Consorcio World Wide Web (W3C), como o referente mundial de accesibilidade e de estándares web, polo que conta cun “Nivel de Conformidade Dobre A" e que mesmo estamos en mellora continua para adaptar a nosa web a calquera necesidade das persoas usuarias, para cumprir o noso obxectivo de que ninguén se quede ou se sinta excluído.

Valid XHTML 1.0!  Valid XHTML 1.0!